LINO

LINO
Auditorio
luns, 21 de Outubro de 2019 - 18:10

Lino traballa como animador en festas infantís, pero non pode soportar a forma na que os nenos se burlan del porque traballa no traxe dun gato. Decidido a cambiar a súa vida, visita un mago pero a maxia non funciona da maneira correcta, e esperta coma un gato grande.

OLGA

OLGA
Alzheimer
Deputación Provincial
luns, 21 de Outubro de 2019 - 18:10

Olga é unha señora maior que vive soa. Debido a unha progresiva falta de memoria, cre vivir sempre o mesmo día. Sempre escoita unha mensaxe que a súa irmá lle deixou no teléfono e que en realidade escoitou unha e outra vez, sen lembralo.

EL REGALO

EL REGALO
Alzheimer
Deputación Provincial
luns, 21 de Outubro de 2019 - 18:10

É a historia dun home con Alzheimer e dos seus dous fillos. A filla sospeita que lle está transmitindo algo valioso coa súa enfermidade, pero o seu irmán non cre nada diso. Finalmente, o pai esquéceo todo e a filla descifrará en que consiste o seu presentimento.

LA CAZA

LA CAZA
Alzheimer
Deputación Provincial
luns, 21 de Outubro de 2019 - 18:10

Alba, unha muller maior, atópase coa inesperada oportunidade de liberar ao seu ser máis querido dunha vida de sufrimento. Tras un arduo debate interno, deberá decidir se estará disposta a actuar ou non, xa que facelo implicaría afrontar fortes consecuencias.

LA VISITA

LA VISITA
Alzheimer
Deputación Provincial
luns, 21 de Outubro de 2019 - 18:10

Dolors é médico e María, enfermeira. Forman parte dun equipo de coidados paliativos a domicilio que traballa no barrio de Nou Barris en Barcelona. Hoxe visitan a Francesc Segura “Xiscu” xustamente o día que hai 64 anos que casou con María.

CHEF´S DIARIES: SCOTLAND

CHEF´S DIARIES: SCOTLAND
Biblioteca
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Joan, Josep e Jordi son os coñecidos irmáns Roca, herdeiros dunha tradición familiar que os levou a crear un dos mellores restaurantes do mundo: O Celler de Can Roca. Levados pola súa curiosidade e a fame de novos coñecementos, seguimos a súa apaixonante viaxe de exploración gastronómica por Escocia. No seu roteiro os irmáns descubrirán produtos marabillosos da man dos propios agricultores, dos gandeiros e os cociñeiros máis innovadores do país.

LA CHICA DE LA ORQUESTA

LA CHICA DE LA ORQUESTA
Musical
Deputación Provincial
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Carmen López, quizais a primeira baterista de España titulada, percorreu os pobres escenarios dos pobos de España nos anos 50 como membro da ORQUESTRA HARMÓNICA. Trinta anos despois Esther Lafuente apaixonouse por un instrumento dentro dun contexto que nada ten que ver co da mocidade de Carmen e pouco co de Alba Villarig, compoñente de Lady Banana que xunto con Nerea Bo, ábrense hoxe camiño no mundo da música.

TRIVIAL

TRIVIAL
Vicerreitorado Universidade
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Rizo e Macarena esperan, impacientes, a chegada dos seus invitados. O Trivial xa está preparado na mesa, e Paloma e Miguel parecen ser os adversarios perfectos para unha partida fácil de gañar. Todo vai como unha seda, ata que Paloma e Miguel sacan unha moeda da sorte e empezan a acertar preguntas. Máscase a tensión no ambiente… Ao Trivial non se xogan a partida, e Macarena odia perder.

BOYPLAY

BOYPLAY
Vicerreitorado Universidade
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Un grupo de nenos, cansados dos abusos aos que son sometidos por outros compañeiros do colexio, deciden desafiar a estes a un partido a vida ou morte durante un recreo. Anos despois, un ancián rememora como o resultado do devandito enfrontamento determinou o transcurso da súa vida posterior.

GUSANOS DE SEDA

GUSANOS DE SEDA
Vicerreitorado Universidade
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Daniel, un adolescente de quince anos, coida da súa irmá pequena, Laia, o día en que a súa nai, Maribel, pode ser despedida. Unha chamada inesperada de Maribel obrigarao a abandonar o colexio para coidar de Laia á vez que deberá enfrontarse ao seu maior medo.

MARIÑEIRO

MARIÑEIRO
Vicerreitorado Universidade
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Antonio sempre traballou no mar e non coñece outro modo de vida. Hoxe chamárono para facer unha reportaxe sobre a Ría de Arousa (Galicia), onde el vive. En medio da gravación ocorre algo inesperado que obrigará a suspender a rodaxe.

NAROTE

NAROTE
Vicerreitorado Universidade
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Curta documental sobre Antonio Nieves Ferreiro "Narote", veciño do Saviñao (Lugo). Último supervivente da Revolución de Asturias (España), na que se negou a cargar bombas nos avións que ían bombardear Oviedo, unha decisión que cambiaría a súa vida porque foi condenado e perseguido durante 4 anos. Na actualidade, Narote ten 105 años, cumprirá 106 en xuño de 2019.

VÍA LÁCTEA

VIA LACTEA
Vicerreitorado Universidade
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Algunhas fotos antigas serven como canal para empezar unha viaxe emocional no pasado, buscando respostas sobre a figura da muller traballadora no pasado, o presente e o futuro. É unha crítica social que busca invitar a reflexionar sobre o rol da muller na sociedade a través da historia real das leiteiras de Ourense [Galicia, España]

AS LAVANDEIRAS

AS LAVANDEIRAS
Vicerreitorado Universidade
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Esta curta é un reflexo dos contos e lendas que os nosos antepasados nos contaban cando eramos nenos.
Nela trátase un tema como son as lavandeiras (mulleres que ían lavar aos ríos), e céntrase nos tempos da posguerra civil española, onde reinaba a inseguridade nos bosques, ao que, sumándolles os propios perigos de dito lugar, dálle un aire de misterio á curta.
Vemos como unha nai e unha fila van lavar ao río e como se encontran cunha mendiga, que vai facer que cambie o seu destino.

O QUE MEDRA POR DENTRO

O QUE MEDRA POR DENTRO
Vicerreitorado Universidade
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Cris, un ecoloxista medioambiental que loita por repoboar o bosque, encóntrase cos indicios dun incendio forestal claramente intencionado a punto de estalar. Tras evitalo, descobre ao responsable tratando de reparar ese anterior intento fallido. Cris fará o posible por impedilo de novo.

SÍSIFO

SISIFO
Vicerreitorado Universidade
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Quen fixo o primeiro camiño? Foi Deus quen o trazou co seu dedo ou foi un ser humano buscando respostas? Que é o camiño? A onde nos leva o camiño? Quen lle puxo nome ao camiño? Os camiños, auténticas arterias de comunicación entre as persoas que foron xurdindo desde que o primeiro ser pisou a terra, como se o noso andar fose facendo pequenas marcas sobre o chan que nos sustenta conformando a nosa memoria colectiva.

EN BUENAS MANOS

EN BUENAS MANOS
Auditorio
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Theo acaba de nacer. Despois de dar a luz, a súa nai biolóxica entrégao a un programa de adopción. Os servizos de adopción deben atopar entón á que se converterá na súa nai adoptiva. No outro extremo, Alice, de 41 anos, leva case dez anos loitando por ser nai. Un grupo de profesionais traballará para que Theo e Alice poidan reunirse.

ARA MALIKIAN: UNA VIDA ENTRE LAS CUERDAS (INAUGURACIÓN - FÓRA DE CONCURSO)

ARA MALIKIAN: UNA VIDA ENTRE LAS CUERDAS
Auditorio
luns, 21 de Outubro de 2019 - 22:10

O documental conta a historia do polifacético violinista Ara Malikian de orixe libanés e ascendencia armenia, mostrando a súa traxectoria profesional e persoal. A música salvou a vida de Ara ao ter que fuxir da guerra; abandonou Beirut con 14 anos e desde entón viviu como un nómade levando a súa música polo mundo