Xoias do Ano

EN BUENAS MANOS

EN BUENAS MANOS
Auditorio
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Theo acaba de nacer. Despois de dar a luz, a súa nai biolóxica entrégao a un programa de adopción. Os servizos de adopción deben atopar entón á que se converterá na súa nai adoptiva. No outro extremo, Alice, de 41 anos, leva case dez anos loitando por ser nai. Un grupo de profesionais traballará para que Theo e Alice poidan reunirse.

LA NOCHE DE 12 AÑOS

LA NOCHE DE 12 AÑOS
Auditorio
martes, 22 de Outubro de 2019 - 20:10

Ano 1973. Uruguai está baixo o poder da ditadura militar. Unha noite de outono, nove presos Tupamaros son sacados das súas celas nunha operación militar secreta. A orde é precisa: "como non puidemos matalos, ímolos volver tolos". Os tres homes permanecerán illados durante 12 anos. Durante máis dunha década, os presos permanecerán illados en diminutas celas onde pasarán a maioría do tempo encapuchados, atados, en silencio, privados das súas necesidades básicas, apenas alimentados, e vendo reducidos ao mínimo os seus sentidos.

UN MINUTO DE GLORIA

UN MINUTO DE GLORIA
Auditorio
mércores, 23 de Outubro de 2019 - 20:10

Cando Tsanko Petrov, un traballador do ferrocarril, atopa un millón de levs nas vías do tren, decide devolver a totalidade do importe á policía. O Estado recompénsao por iso cun novo reloxo de pulseira que pronto deixa de funcionar. Mentres tanto, Julia Staikova, xefa de relacións públicas no Ministerio de Transporte, perde o seu vello reloxo. Así comeza a loita desesperada de Petrov para que lle devolvan non só o seu vello reloxo, senón tamén a súa dignidade.

LAS DISTANCIAS

LAS DISTANCIAS
Auditorio
xoves, 24 de Outubro de 2019 - 20:10

Olivia, Eloy, Guille e Anna viaxan a Berlín para visitar por sorpresa ao seu amigo Comas que cumpre 35 anos. Este non os recibe como eles esperaban e durante a fin de semana as súas contradicións afloran e a amizade ponse a proba. Xuntos descubrirán que o tempo e a distancia pódeno cambiar todo.

UN DÍA MÁS CON VIDA

UN DÍA MÁS CON VIDA
Auditorio
venres, 25 de Outubro de 2019 - 20:10

Relato autobiográfico de Ryszard Kapuściński que narra os últimos días de Angola como colonia portuguesa en 1975, e as terribles consecuencias desta descolonización: unha guerra civil que arrasou a rexión ata hai moi pouco. Coprodución polaco-española de animación para adultos.

EL AMOR MENOS PENSADO

EL AMOR MENOS PENSADO
Auditorio
sábado, 26 de Outubro de 2019 - 20:10

Marcos (Darín) e Ana (Morán) levan casados máis de 25 anos, pero ambos entran nunha crise existencial que os leva a separarse. Ao principio a vida de solteiros parécelles fascinante e excitante pero pronto se torna tamén monótona para ela e un pesadelo para el.