Sinopsis
Joan, Josep e Jordi son os coñecidos irmáns Roca, herdeiros dunha tradición familiar que os levou a crear un dos mellores restaurantes do mundo: O Celler de Can Roca. Levados pola súa curiosidade e a fame de novos coñecementos, seguimos a súa apaixonante viaxe de exploración gastronómica por Escocia. No seu roteiro os irmáns descubrirán produtos marabillosos da man dos propios agricultores, dos gandeiros e os cociñeiros máis innovadores do país. A gran sorpresa é que mais aló do famoso whisky ou o tradicional Haggis, Escocia é unha verdadeira potencia gastronómica por descubrir, cunha gama de produtos que está á altura dos mellores do mundo. Unha gran responsabilidade eríxese fronte aos irmáns: deben recuperar e dar a coñecer a tradición, revalorizar o produto local e mesmo convencer aos propios escoceses dos tesouros que esconde a súa terra. O seu gran obxectivo será́ a creación dun espectacular menú́ que consiga sintetizar a súa aprendizaxe e render un merecido tributo a este diamante en bruto que supón Escocia.