TERRA WILLY: PLANETA DESCONOCIDO

TERRA WILLY: PLANETA DESCONOCIDO
Auditorio
sábado, 26 de Outubro de 2019 - 18:10

Despois de que a súa nave queda reducida a cinzas, o mozo Willy perde o contacto cos seus pais, cos que viaxara a través do espazo. A súa cápsula aterra nun planeta salvaxe a inexplorado. Coa axuda de Buck, un robot de supervivencia, Willy trata de salvagardarse ata que alguén acuda no seu rescate. Mentres tanto, tanto el como Buck e un novo amigo alieníxena chamado Flash descobren a flora e a fauna do planeta... e algúns dos seus múltiples perigos.

EL AMOR MENOS PENSADO

EL AMOR MENOS PENSADO
Auditorio
sábado, 26 de Outubro de 2019 - 20:10

Marcos (Darín) e Ana (Morán) levan casados máis de 25 anos, pero ambos entran nunha crise existencial que os leva a separarse. Ao principio a vida de solteiros parécelles fascinante e excitante pero pronto se torna tamén monótona para ela e un pesadelo para el.

UNA RAZÓN BRILLANTE

UNA RAZÓN BRILLANTE
Vello Cárcere
sábado, 26 de Outubro de 2019 - 20:10

Neïla Salah é unha moza do arrabalde parisiense que soña con ser avogada. Matriculouse na facultade de Dereito máis importante de París, pero o primeiro día de clase ten un enfrontamento con Pierre Mazard, un profesor algo conflitivo. Para redimirse, o profesor propón a Neïla axudala a preparar unha importante proba a nivel nacional. Aínda que cínico e esixente, Pierre sería a axuda ideal que Neïla está a necesitar pero para iso terán que empezar os dous por superar algúns prexuízos.

UNA MUJER CON UNAS ALAS TREMENDAS

UNA MUJER CON UNAS ALAS TREMENDAS
Auditorio
sábado, 26 de Outubro de 2019 - 22:10

Desde que se coñeceron, Rosa e Honorio pactaron coas súas almas non separarse xamais, nin sequera cando houbese motivos para facelo. Trinta anos despois a policía acusa a Rosa de matar a Honorio queimándoo no patio da súa casa. Rosa defende a súa inocencia, xura que Honorio morreu só sen que ninguén llo impedise. Nas súas palabras non hai nada claro, nin certo nin verdadeiro.