BARCOS ¡AL RESCATE!

BARCOS ¡AL RESCATE!
Auditorio
venres, 25 de Outubro de 2019 - 18:10

Achégase unha gran tormenta e Elías recibe unha chamada de emerxencia da cidade veciña de Big Harbor, pedíndolle que rescate un barco en problemas na cova do Buraco Negro. Como resultado do seu valente rescate, ofrécenlle promocionalo para converterse no barco de rescate de Big Harbor. Así Elías deberá deixar atrás aos seus amigos para probar sorte na gran cidade. Pero ser un barco de rescate en Big Harbor resulta ser moito máis difícil do esperado. Unha tarde, Elías ten un encontrón cun grupo local.

JOSÉ LUIS MACÍAS. UNA VIDA ILUSTRADA

JOSE LUIS MACIAS. UNA VIDA ILUSTRADA
Museo Provincial
venres, 25 de Outubro de 2019 - 20:10

Este traballo repasa a vida e obra de José Luís Macías Sampedro (Andújar 1927), que foi un histórico ilustrador a nivel nacional e europeo, creando e colaborando con grandes personaxes como Ayax, Diana, Roberto Alcázar e Pedrín ou a revista Pumby, en editoriais como Editorial Valenciana, Creo, Gaisa ou Bruguera, así como a súa incursión no mundo da animación nas películas sobre a famosa obra de Terry Pratchett Mundodisco. Aos seus 90 anos recentemente cumpridos, segue creando obras marabillosas no seu pequeno estudo do valenciano barrio de Ruzafa xunto á súa muller Dominique.

COCINANDO EL FIN DEL MUNDO

COCINANDO EL FIN DEL MUNDO
Biblioteca
venres, 25 de Outubro de 2019 - 20:10

A nova cociña galega caracterízase pola súa inclinación para explorar o pasado, a recuperar sabores que a modernidade deixou atrás e a dotar de dignidade a produtos considerados menores. O Grupo Nove é a asociación de cociñeiros que trata de impulsar esta cociña de futuro máis aló dos clixés. Un retrato realista de Galicia que tenta desentrañar, a través da gastronomía, o fráxil equilibrio entre tradición e modernidade nun territorio de contrastes.

HERMANAS

HERMANAS
Vicerreitorado Universidade
venres, 25 de Outubro de 2019 - 20:10

A filla única e consentida dunha familia burguesa non consente que a filla da súa asistenta búlgara, sen seguridade social, se faga pasar por ela para recibir tratamento médico.

VALOR

VALOR
Vicerreitorado Universidade
venres, 25 de Outubro de 2019 - 20:10

O boxeador Daniel Rey regresa aos cuadriláteros co combate máis importante de toda a súa carreira. Máis aló da vitoria ou a derrota, terá que loitar por algo máis importante.

BAILAORA

BAILAORA
Vicerreitorado Universidade
venres, 25 de Outubro de 2019 - 20:10

Bailaora é a terceira curtametraxe da triloxía Luz&Oscuridad de Rubin Stein tralos multipremiados Nerón e Tin&Tina. Bailaora é nomeada aos Premios Goya 2019 como Mellor Curtametraxe de Ficción.

LENTEJAS

LENTEJAS
Vicerreitorado Universidade
venres, 25 de Outubro de 2019 - 20:10

Un día corrente na vida dunha nai e unha filla acaba por converterse na revelación dun segredo á vista de todo o mundo.
Millóns de vidas perdidas. Deixadas pasar. É demasiado tarde para poñer remedio?

EL VIAJE

EL VIAJE
Vicerreitorado Universidade
venres, 25 de Outubro de 2019 - 20:10

Naia vai ao encontro do seu irmán pequeno, do que non sabe nada desde hai máis de tres anos. No camiño, en coche compartido, os pasaxeiros confúndena cunha terrorista árabe que está en busca e captura...
Mente Naia e é esa terrorista? Sufriu un brote e non recorda o seu pasado? O desenlace é imprevisible...

METROCABINA

METROCABINA
Vicerreitorado Universidade
venres, 25 de Outubro de 2019 - 20:10

Unha nai solteira no pode coa rutina diaria ata que descobre un novo servizo de mobilidade do Concello: o “metrocabina”. Desde ese momento todo vai ser moito máis fácil, pena que pasara por alto un pequeno detalle que porá en perigo a súa vida e a da súa filla.

AS TRES CAIDAS DE MARIA SANTISO

AS TRES CAIDAS DE MARIA SANTISO
Vicerreitorado Universidade
venres, 25 de Outubro de 2019 - 20:10

O paso do tempo pode ser algo moi cruel: levar todo por diante menos o que queda na túa memoria. Así, María Santiso, unha muller de corenta anos, non pasa un día sen manter o seu fogar de toda a vida no rural. Non importa que os seus pais morreran. Que as súas irmás se foran. Que estea soa. Sente que é o seu deber, como filla da familia e como muller. Pero, e se houbera alternativa? A inesperada chegada dun mozo peregrino fará que se aviven nela dúbidas que levaban moito tempo escondidas...

EL JEFE

EL JEFE
Vicerreitorado Universidade
venres, 25 de Outubro de 2019 - 20:10

Félix e Rosa chegan ao seu primeiro día de traballo sen saber que, en realidade, optan ao mesmo posto, o que desencadea unha cruenta loita por facerse co cargo na que todo vale. Paralelamente, Ramona, presidenta da compañía, ten que lidar co despido do Xerente Xeral, que se atopa no estranxeiro pechando un acordo vital para a compañía. Esta harmoniosa oficina está a punto de converterse nunha desapiadada xungla.

LA PESCADORA

LA PESCADORA
Vicerreitorado Universidade
venres, 25 de Outubro de 2019 - 20:10

Un embalse xigantesco pode ser ao mesmo tempo un lugar tremendamente claustrofóbico. Unha muller obsesionada coa pesca pasa os seus días nel, levando a cabo unha busca infrutuosa e frustrante.

MEMORIA NA PEDRA

MEMORIA NA PEDRA
Vicerreitorado Universidade
venres, 25 de Outubro de 2019 - 20:10

Memoria na pedra fala dos últimos días de vida útil dun lugar tan singular como esquecido: o lavadoiro termal da cidade de Ourense, un emprazamento cun innegable valor estético, etnográfico e social que está a piques de desaparecer baixo a piqueta. O derradeiro retrato dun lavadoiro que aínda no século XXI é empregado por diferentes persoas que fan de ollos e voz dun oficio ancestral e dun espazo máxico.

O CAMBIO

O CAMBIO
Vicerreitorado Universidade
venres, 25 de Outubro de 2019 - 20:10

Víctor decide borrar as 19998 fotos do seu móbil e comezar de novo. Para iso emprende unha viaxe na que busca romper coa súa vida anterior.

UN DÍA MÁS CON VIDA

UN DÍA MÁS CON VIDA
Auditorio
venres, 25 de Outubro de 2019 - 20:10

Relato autobiográfico de Ryszard Kapuściński que narra os últimos días de Angola como colonia portuguesa en 1975, e as terribles consecuencias desta descolonización: unha guerra civil que arrasou a rexión ata hai moi pouco. Coprodución polaco-española de animación para adultos.

MONEYBALL: ROMPIENDO LAS REGLAS

MONEYBALL: ROMPIENDO LAS REGLAS
Vello Cárcere
venres, 25 de Outubro de 2019 - 20:10

En 2001, Billy Beane (Brad Pitt), director xeral dos Atléticos de Oakland (béisbol), fíxose famoso ao conseguir grandes éxitos por medio do método " Moneyball", programa que consiste en construír un equipo competitivo con menos recursos económicos que a maioría dos equipos das Grandes Liga, empregando métodos estatísticos por computador para coordinar aos xogadores.

EL PAN DE LA GUERRA

EL PAN DE LA GUERRA
Auditorio
venres, 25 de Outubro de 2019 - 22:10

Parvana é unha moza de once anos que vive na capital de Afganistán, Kabul, durante o período de dominio dos talibán. Ao ser o seu pai detido, os membros da familia quedan sen recursos e, debido a que as mulleres teñen prohibido gañar diñeiro, deciden transformar a Parvana nun mozo para poder traballar.