CHEF´S DIARIES: SCOTLAND
![CHEF´S DIARIES: SCOTLAND](/sites/default/files/styles/medium/public/2019-07/668-poster_Chef%C3%A2%C2%80%C2%99s%20Diaries_%20Scotland%20%281%29.jpg?itok=xbElwNTx)
Joan, Josep e Jordi son os coñecidos irmáns Roca, herdeiros dunha tradición familiar que os levou a crear un dos mellores restaurantes do mundo: O Celler de Can Roca. Levados pola súa curiosidade e a fame de novos coñecementos, seguimos a súa apaixonante viaxe de exploración gastronómica por Escocia. No seu roteiro os irmáns descubrirán produtos marabillosos da man dos propios agricultores, dos gandeiros e os cociñeiros máis innovadores do país.