As curtas tamén son Cine

JIMMY

JIMMY
Vicerreitorado Universidade
mércores, 23 de Outubro de 2019 - 20:10

Jimmy, un neno con mudez non pode celebrar os seus aniversarios porque ten que visitar á súa avoa que está enferma. O que non sabía era que a súa visita se convertería nun verdadeiro pesadelo.

MARUSIA

MARUSIA
Vicerreitorado Universidade
xoves, 24 de Outubro de 2019 - 20:10

Juan e Pedro, dous perdedores que non pasan polo seu mellor momento, apuran o último licor café no bar da Socia. Fartos da súa situación, decidirán vingarse do sistema tomando a decisión máis absurda das súas vidas: voar un barco situado na rotonda máis concorrida do seu barrio.

HAPPY FRYDAY

HAPPY FRYDAY
Vicerreitorado Universidade
xoves, 24 de Outubro de 2019 - 20:10

Chari leva toda a súa vida ao límite, xa non pode máis. Contra todo prognóstico, o capitalismo ofrécelle unha oportunidade para poder desprenderse das súas ataduras. Pero os plans nunca saen como unha espera.

MAMA

MAMA
Vicerreitorado Universidade
xoves, 24 de Outubro de 2019 - 20:10

A vida pode cambiar nun dicir amén. Podes estar a gozar da túa querida familia e nun segundo darte conta de que perdiches absolutamente todo o que tiñas e atoparte loitando simplemente por continuar respirando. O peor é saber que isto non é ficción, está a ocorrer moitas veces ao día actualmente.

MAÑANA Y SIEMPRE

MAÑANA Y SIEMPRE
Vicerreitorado Universidade
xoves, 24 de Outubro de 2019 - 20:10

A recoñecida actriz e o seu fillo, Manuel M. Velasco, rodaron unha curtametraxe para mostrar o impacto que a osteoporose pode ter na vida das persoas que a sofren e os seus familiares. En Mañana y siempre, a veterana actriz do cinema español ponse na pel dunha avoa diagnosticada con esta enfermidade ósea para sensibilizar sobre as súas consecuencias.

NIÑO FEO

NIÑO FEO
Vicerreitorado Universidade
xoves, 24 de Outubro de 2019 - 20:10

Cari e Luismi son unha parella triunfadora que esperaban con moita ilusión a chegada do seu primeiro bebé. Pero a súa alegría decae ao comprobar que o bebé é moi feo. Cari espera que co tempo se faga máis guapo. Con todo, Luismi empeza a crer que ese bebé tan feo non é o seu.

CERDITA

CERDITA
Vicerreitorado Universidade
xoves, 24 de Outubro de 2019 - 20:10

Sara é unha adolescente con problemas de obesidade que vive atemorizada polas burlas dunhas nenas, de vacacións no seu pobo. Nin sequera Claudia, amiga da infancia, sae na súa defensa cando a acosan diante un descoñecido e lle rouban a roupa na piscina. O longo camiño de volta marcará o que lle queda de vida.