Sinopsis
A vida pode cambiar nun dicir amén. Podes estar a gozar da túa querida familia e nun segundo darte conta de que perdiches absolutamente todo o que tiñas e atoparte loitando simplemente por continuar respirando. O peor é saber que isto non é ficción, está a ocorrer moitas veces ao día actualmente.
Este é o verdadeiro relato de Rabah, unha adorable nena siria, cunha vida estupenda, rodeada dunha marabillosa familia e a incrible historia que fai que acabe completamente soa, rogando por refuxio en Turquía. É só unha das miles de historias que ocorreron e seguen ocorrendo ante a pasiva mirada dos países desenvoltos, máis preocupados en levantar máis e mellores fronteiras, que en abrilas a aqueles que realmente o necesitan.