SEA BEAST
Nunha pequena casa illada nunha costa remota, ao lado dun mar violento, vive Amancio coa única compañía de Elvira, a súa nai. Amancio é un home de mediana idade coa mente dun neno pequeno. Cariñoso e imaxinativo, os seus días van pasando mentres a súa obsesiva nai o sobreprotexe cun incestuoso e malsán amor/odio. O único contacto que mantén con outras persoas é con Iria, unha moza educadora social do Estado da que está inocentemente namorado, e con Pedro, un vello pescador experimentado, que parece ser o único ser humano que vive na zona.