Cine Galego

SÍSIFO

SISIFO
Vicerreitorado Universidade
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Quen fixo o primeiro camiño? Foi Deus quen o trazou co seu dedo ou foi un ser humano buscando respostas? Que é o camiño? A onde nos leva o camiño? Quen lle puxo nome ao camiño? Os camiños, auténticas arterias de comunicación entre as persoas que foron xurdindo desde que o primeiro ser pisou a terra, como se o noso andar fose facendo pequenas marcas sobre o chan que nos sustenta conformando a nosa memoria colectiva.

O QUE MEDRA POR DENTRO

O QUE MEDRA POR DENTRO
Vicerreitorado Universidade
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Cris, un ecoloxista medioambiental que loita por repoboar o bosque, encóntrase cos indicios dun incendio forestal claramente intencionado a punto de estalar. Tras evitalo, descobre ao responsable tratando de reparar ese anterior intento fallido. Cris fará o posible por impedilo de novo.

AS LAVANDEIRAS

AS LAVANDEIRAS
Vicerreitorado Universidade
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Esta curta é un reflexo dos contos e lendas que os nosos antepasados nos contaban cando eramos nenos.
Nela trátase un tema como son as lavandeiras (mulleres que ían lavar aos ríos), e céntrase nos tempos da posguerra civil española, onde reinaba a inseguridade nos bosques, ao que, sumándolles os propios perigos de dito lugar, dálle un aire de misterio á curta.
Vemos como unha nai e unha fila van lavar ao río e como se encontran cunha mendiga, que vai facer que cambie o seu destino.

VÍA LÁCTEA

VIA LACTEA
Vicerreitorado Universidade
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Algunhas fotos antigas serven como canal para empezar unha viaxe emocional no pasado, buscando respostas sobre a figura da muller traballadora no pasado, o presente e o futuro. É unha crítica social que busca invitar a reflexionar sobre o rol da muller na sociedade a través da historia real das leiteiras de Ourense [Galicia, España]

NAROTE

NAROTE
Vicerreitorado Universidade
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Curta documental sobre Antonio Nieves Ferreiro "Narote", veciño do Saviñao (Lugo). Último supervivente da Revolución de Asturias (España), na que se negou a cargar bombas nos avións que ían bombardear Oviedo, unha decisión que cambiaría a súa vida porque foi condenado e perseguido durante 4 anos. Na actualidade, Narote ten 105 años, cumprirá 106 en xuño de 2019.

MARIÑEIRO

MARIÑEIRO
Vicerreitorado Universidade
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Antonio sempre traballou no mar e non coñece outro modo de vida. Hoxe chamárono para facer unha reportaxe sobre a Ría de Arousa (Galicia), onde el vive. En medio da gravación ocorre algo inesperado que obrigará a suspender a rodaxe.

LA FELICIDAD DE LOS PERROS

LA FELICIDAD DE LOS PERROS
Vicerreitorado Universidade
martes, 22 de Outubro de 2019 - 20:10

César é un home en paro de 40 anos. Está casado con Sara e teñen unha filla de dous anos. Xa hai tempo que Sara é quen mantén economicamente a familia co seu soldo de perruqueira e trata de apoiar a César para sacalo da súa rutineira vida. Pero algo sucede no interior de César que fai cambiar o rumbo de vida.

DEVALAR

DEVALAR
Vicerreitorado Universidade
martes, 22 de Outubro de 2019 - 20:10

En galego, devalar significa “o paso do tempo sobre as cousas”. Esta curta é o retrato dun pobo costeiro á beira do Atlántico que se debuxa con recordos da infancia da directora. Homenaxe ao costumismo galego pero dun modo poético e visual.
Existe esa conexión física co mundo no que nacemos ou eliximos para vivir; trátase en realidade de persoas que escollen ou que renuncian, que converten nunha ruína a súa vida, que elixen traer os recordos á vida presente e vivir deles...
A infancia como primeiro recordo.