Sinopsis
Desde que se coñeceron, Rosa e Honorio pactaron coas súas almas non separarse xamais, nin sequera cando houbese motivos para facelo. Trinta anos despois a policía acusa a Rosa de matar a Honorio queimándoo no patio da súa casa. Rosa defende a súa inocencia, xura que Honorio morreu só sen que ninguén llo impedise. Nas súas palabras non hai nada claro, nin certo nin verdadeiro.