As curtas tamén son Cine

FIN

FIN
Vicerreitorado Universidade
venres, 18 de Outubro de 2019 - 20:10

Que ves cando miras unha foto familiar? Tras máis dunha década sen volver ao seu fogar natal, Ana volve para asistir ao funeral do seu pai xunto a Julia, a súa nai. Tras o funeral ambas manterán unha conversación que cambiará as súas vidas e a percepción do seu pasado.

GUSANOS DE SEDA

GUSANOS DE SEDA
Vicerreitorado Universidade
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Daniel, un adolescente de quince anos, coida da súa irmá pequena, Laia, o día en que a súa nai, Maribel, pode ser despedida. Unha chamada inesperada de Maribel obrigarao a abandonar o colexio para coidar de Laia á vez que deberá enfrontarse ao seu maior medo.

BOYPLAY

BOYPLAY
Vicerreitorado Universidade
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Un grupo de nenos, cansados dos abusos aos que son sometidos por outros compañeiros do colexio, deciden desafiar a estes a un partido a vida ou morte durante un recreo. Anos despois, un ancián rememora como o resultado do devandito enfrontamento determinou o transcurso da súa vida posterior.

TRIVIAL

TRIVIAL
Vicerreitorado Universidade
luns, 21 de Outubro de 2019 - 20:10

Rizo e Macarena esperan, impacientes, a chegada dos seus invitados. O Trivial xa está preparado na mesa, e Paloma e Miguel parecen ser os adversarios perfectos para unha partida fácil de gañar. Todo vai como unha seda, ata que Paloma e Miguel sacan unha moeda da sorte e empezan a acertar preguntas. Máscase a tensión no ambiente… Ao Trivial non se xogan a partida, e Macarena odia perder.

LA ÚLTIMA CITA

LA ÚLTIMA CITA
Vicerreitorado Universidade
martes, 22 de Outubro de 2019 - 20:10

Carlota, unha muller madura, esperta dentro dunha cámara frigorífica da morgue. Hai pouco que morreu. De súpeto, escoita a voz dun home que lle fala desde a cámara de arriba. Ambos, mortos, manteñen unha breve conversación na que Carlota experimentará unha viaxe ao seu interior. Aos poucos vanse coñecendo e descubrindo que a morte che pode facer ver a vida doutra maneira.