Presentacion de “A FOTOGRAFÍA LUCENSE”
25 Oct

Presentacion de “A FOTOGRAFÍA LUCENSE”


Hoxe, venres, vai ser presentado o libro “A FOTOGRAFÍA LUCENSE. DA AGRUPACIÓN A FONMIÑÁ, de Eduardo Rodríguez Ochoa, responsable de Fotografía do Grupo Fotociunematográfico Fonmiñá.

É o cuarto libro dos publicados polo Grupo organizador da Semana de Cine de Lugo, con motivo desta XLI edición, dos que xa foron presentados o LIBRO-PROGRAMA DA SEMANA, “ANTONIO MOURELOS, un actor… de provincias” e “41 SEMANAS, 41 CARTEIS”.

Trátase do resume da historia da fotografía afeccionada lucense, que  tivo os seus inicios e grandes triunfos na Agrupación Fotografíca Lucense de Educación e Descanso e culminou coa integración desta Agrupación no Grupo Fonmiñá.

Este libro vai ser presentado hoxe, á unha da tarde, no salón de novas tecnoloxías do Concello de Lugo, con representantes das entidades copatrocinadoras da Semana de Cine.